4 ene 2013

¿POR QUÉ CONVOCAMOS OS PAROS?


¿POR QUÉ CONVOCAMOS OS PAROS?
 

  • A empresa está aplicando o peor da reforma laboral
  • Nos últimos meses despediron a moitos compañeiros e compañeiras
  • Non deixan de sancionarnos sen motivo.
  • Despiden ós que están enfermos.
  • A actitude do departamento de RRHH é despota, estanse a rir dos traballadores
  • Non se reúnen co comité para  NADA dende fai meses, a pesar de que o solicitamos de xeito reiterado.
  • As xefas están máis crecidas ca nunca e non dubidan en ameneazar ós traballadores.
  • Baixan os nosos salarios facendo desaparecer os nosos incentivos ó establecer obxetivos imposibles.
  • Queren que renunciemos ós permisos recollidos en convenio.
  • Van eliminando pouco a pouco ós traballadores con contratos estables e son sustituídos por contratos lixo.
 
Esta é só a punta do iceberg do que nos agarda se non facemos nada, o seguinte pode ser a nosa xornada, quenda, horarios, salario, vacacións, xa é hora de que TODOS nos impliquemos e loitemos polas nosas condicións de traballo.

                         A FORZA DO COMITÉ E A FORZA DOS TRABALLADORES



PORQUE CO TEU APOIO XA O  FIXEMOS

Porque este comité de empresa co apoio de todos os traballadores alcanzou acordos que beneficiaron ós que formamos parte da plantilla.

Vivimos momentos difíciles cando en 2009 pechou o CRC e acadamos que se recolocara a máis de 400 traballadores. Fai dous anos fixemos que a empresa consolidara máis de 100 ampliacións de xornadas de traballo. Cando Movistar recortou o horario de atención de Captación, conseguimos que se mantiveran as xornadas que a empresa pretendía recortar. Firmamos un acordo polo que os traballadores temos un día máis de vacacións dos estipulados en convenio (24 e 31 de decembro). Cando había cambios de departamento sempre se conseguiron melloras para os traballadores afectados (cambios de quenda, libranzas, eliminación de fins de semana...). E un longo etcétera de logros que este comité ten alcanzado gracias o respaldo de todos vos.

O próximo martes TODOS precisamos ese respaldo de novo, para frear todas estas agresións que estamos padecendo e mellorar as condicións laborais tanto dos que levan xa tempo na empresa (que están a sufrir unha campaña de acoso e derribo), coma a dos novos compañeiros, que levan meses concatenando contratos temporais, sufrindo contínuos cambios de xornadas e quendas, perdendo antigüidade e sen poder desfrutar de ningún dos dereitos que ten o resto.

O MARTES IMOS REPETILO,
 NON QUEDES SENTADO,
 DESLÓGATE  POLOS TEUS DEREITOS

PARAMOS E NOS MANIFESTAMOS
DE 11:30 A 12:30 E DE 18:30 A 19:30