Reunido o Comité con motivo das sancións e
despedimentos, que está levando a cabo a empresa, acorda por unanimidade:
·
Unha asamblea
informativa o vindeiro 3 de Xaneiro, ás 14:00, e ás 16:00 da tarde no
edificio dos sindicatos en Alfonso Molina
·
Convocar
paros dunha hora en cada quenda o vindeiro 8 de Xaneiro, das 11:30 ás
12:30 pola mañá, e das 18:30 ás 19:30 na quenda da tarde.
Temos que amosarlle á empresa que non van poder con nós, non é a primeira vez que
saímos a rúa, e cando estivemos unidos non puideron con nós. Hoxe máis ca nunca imoslle demostrar á empresa, que non
temos medo e que non imos tolerar ningún despedimento máis.
XUNTOS
PODEMOS, NON MÁIS DESPEDIMENTOS!!