13 jul 2016

A CGT de Atento-A Coruña segue mobilizándose…

…para esixir a retirada das sanións de ata 60 días impostas pola empresa.
 
Outro xoves máis os traballadores e traballadoras de Atento en Coruña, Madrid, Sevilla, Valencia, Barcelona, Santander e Bilbao concentraranse ás portas dos seus centros de traballo para esixir a retirada inmediata das salvaxes sancións de ata 60 días que Atento impuxo a 4 traballadores e traballadoras do centro de traballo da Coruña e para dar a coñecer a grave represión que están a padecer. Esta nova concentración convocada pola CGT encádrase no calendario de mobilizacións iniciadas o 23 de xuño para esixir a retirada de todas as sancións.

En Coruña nesta ocasión a concentración terá lugar o xoves 14 de xullo ás 12:00 horas diante do centro de traballo (R/ Juan Flórez) e o seu obxectivo é denunciar publicamente este grave atropelo e esixir a inmediata retirada das mesmas.