COMITÉ
DE EMPRESA INFORMA
MAÑÁ
PODES SER TI,
LOITEMOS
POLO NOSO TRABALLO
Os
sindicatos presentes no Comité de Empresa, UNIDOS, convocamos a
todos a loitar polo futuro dos nosos traballos, ante os contínuos
ataques que estamos a sufrir por parte da dirección de esta empresa:
cambios de horarios, contratos lixo, baixada de incentivos, baile de
departamentos, sancións, despedimentos e un longo etcétera de
agresións que non deixamos de padecer.
A
empresa trata de exprimirnos ó máximo, sen importarlle as nosas
condicións de traballo. Non renovan ós que levan meses traballando
mentres seguen facendo cursos -por suposto, ben subvencionados- para
incorporar novos traballadores (e iso que din que non hai chamadas).
Tentan
evitar que estemos organizados e informados contra os abusos da
empresa, perseguindo ós delegados sindicais cos gardas de
seguridade, tratándonos como delincuentes (coaccionándonos con
chamar a policía, sacándonos fotografías, cando saben
perfectamente que iso non é legal).
NON
HAI CARTOS PARA PAGAR INCENTIVOS PERO SI PARA INDEMNIZACIÓNS
MAÑÁ
MARTES DESLOGUÉMONOS E BAIXEMOS Á RÚA:
TODOS
XUNTOS PODEMOS PARALOS
MARTES
8 DE XANEIRO
PAROS
E MANIFESTACIÓN DE 11:30 A 12:30 E DE 18:30 A 19:30