18 ene 2013

NOVA REUNIÓN PECHE RETENCIÓN XENÉRICA AUTÓNOMOS


No día de hoxe a empresa convocou ao Comité. Informáronnos que o novo servicio de emisión comenzará o 28 de xaneiro con 60 posicións, e posteriormente ampliará con 70 posicións máis.

Según a empresa, o horario do novo departamento é de luns a venres de 10:00 a 22:00 horas e os sábados de 10:00 a 16:00 horas.

O peche definitivo do departamento de Contención Xenérica Autónomos está previsto para o 15 de febreiro.

A empresa ten previsto destinar ao novo departamento a traballadores con contrato eventual (novos traballadores, os compañeiros que estaban agardando na casa a ser chamados e parte dos que actualmente están no departamento de Alto Valor e Xeneralista con contrato eventual), e doutros departamentos (sempre que a súa xornada e contrato sexa compatible).

Con respecto aos traballadores de Retención Portados Autónomos con contrato indefinido da quenda de tarde, serán reubicados en Retención Residencial. En principio a empresa manterá os horarios.

A semana que ven Comité e empresa reunirémonos de novo.

Esperemos que nos poidan concretar máis cales van ser os movementos que teñen pensado facer, xa que na reunión de hoxe, todavía non nos concretaron nada.

Dende o Comité de Empresa seguimos loitando polos dereitos de todos.

Seguirémosvos informando.


16 ene 2013

SE RECOLOCARÁ AL 100% DE LOS TRABAJADORES Y LA PLATAFORMA CRECE EN 60 POSICIONES POR TURNO



La empresa nos ha comunicado en la tarde del día de hoy que se comprometen a garantizar todos los puestos de trabajo de los trabajadores del departamento de Retención Genérica Autónomos .

Asimismo, nos comunican que la empresa incrementa sus puestos de trabajo en 60 (por turno).

Se comenzará a prestar un nuevo servicio de emisión en la plataforma de A Coruña de Gran Público (residencial-autónomos).

Con respecto a los trabajadores con contratos eventuales, la empresa garantiza la continuidad. A partir de hoy comenzarán a llamar a aquellos que no han renovado en fechas recientes.

Este viernes, Comité y empresa nos reuniremos de nuevo con el fin de acordar las recolocaciones de todos los trabajadores, así como ampliar la información existente sobre el nuevo servicio, la cual os trasladaremos.

Desde el Comité de Empresa valoramos positivamente esta noticia, que conlleva el mantenimiento de los puestos de trabajo y más empleo para nuestra plataforma.

La UNIÓN hace la FUERZA

14 ene 2013

SEGUNDA REUNIÓN PECHE RETENCIÓN XENÉRICA AUTÓNOMOS: NON NOS GARANTIZAN NADA



Hoxe pola tarde a empresa convocou ao Comité por segunda vez para falar sobre o peche do departamento de Retención Xenérica Autónomos.

A súa intención é a de ir movendo ós que lles pete a outros departamentos sen ningunha garantía de que se vaia recolocar a todos os traballadores.

Dende o Comité de Empresa solicitamoslles un compromiso de recolocación do 100%, cousa a que a día de hoxe néganse a acadar.

Dixeron que mañá comezarán a formar nas dúas quendas a quen elixan mentres o resto segue agonizando.

Tamén nos comunicaron a súa intención de mover a 17 traballadores con contrato indefinido na quenda de tarde de Portados Autónomos a Portados Residencial e reubicar alí a 17 dos afectados de Xenérica que eles escollan.

.
A empresa négase a negociar co Comité (a representación legal dos traballadores) a reubicación de todos os afectados, néganse a garantir o emprego na Coruña, néganse a manter os horarios de todos.

Dos traballadores con contratos temporais de Alto Valor e Xeneralista non din nada. Dende o Comité solicitamos un listado de todos eles para poder controlar que sexan chamados de novo, se a empresa decide non renovarlles


SE NON QUEREN FALAR, TODOS OS TRABALLADORES DEBEMOS DE DAR UNHA RESPOSTA MASIVA E CONTUNDENTE EN DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS.



Seguiremos informándovos.




9 ene 2013

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA EN RELACIÓN A REUNIÓN DE HOXE PARA TRATAR O PECHE DE RETENCIÓN XENÉRICA PEMES




En primeiro lugar, queremos agradecer o masivo apoio recibido nos paros convocados onte, unha vez máis os traballadores de Extel, xunto o Comité de Empresa, unidos, demostramos que cos nosos dereitos non se xoga, nin se comercia.

Hoxe a empresa convocóunos a unha reunión ás 12:00 da mañá para falar sobre o peche do departamento de Retención Xenérica Pemes.

A información que nos facilitaron e a seguinte:

O peche está previsto para o mes de Febreiro, hai afectados, según a empresa 186 traballadores. A intención que teñen -según nos dixeron- é a de recolocar o 100% dos traballadores afectados.

Dende o Comité de Empresa esiximos a recolocación de todos os afectados e que se manteñan xornadas, quendas e horarios.

A empresa, dixo que está en negociacións co cliente (Movistar) e que a día de hoxe non pode asegurar xornadas, horarios e quendas.

Acordamos unha nova reunión como moi tarde a semana que ven ou cando dispoñan de máis información.

Este Comité de Empresa non vai a consentir que se despida a ningún traballador.


LOITAREMOS POR MANTER O 100% DO EMPREGO E AS CONDICIÓNS ACTUAIS DE TODAS E TODOS

8 ene 2013

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA



Onte 7 de xaneiro ás 16:00 horas a Empresa comunicounos verbalmente o peche do departamento de Retención Xenérica Pemes. Non nos concretaron a data, simplemente din que está previsto nun par de meses, aínda que pode ser antes, din que non saben nada máis e que xa nos informarán (se nos van despedir, recolocar, manter as xornadas, se vai haber cambios de quendas, etc..). Xa levan tempo facendo movementos neste departamento, sen dar ningún tipo de xustificación.. XA O SABÍAN E O CALABAN...

Unha vez máis, Movistar e Extel seguen xogando cos postos de traballo de todos nós e pretenden que sexa de maneira impune.

ESTAMOS TODOS NO MESMO SACO, ISTO AFECTANOS A TODOS  SEXA O DEPARTAMENTO QUE SEXA (ESTE PECHE VAI AFECTAR AO RESTO), MÁIS CA NUNCA É NECESARIO QUE TODOS LLES AMOSEMOS QUE NON ESTAMOS DISPOSTOS A SER MARIONETAS AO SEU ANTOLLO.

Despois de estar meses sen reunirse connosco, comunicannos isto hoxe, que panda de senvergoñas.

 HOXE, MARTES LOITA POLO TEU TRABALLO E DESLÓGATE

QUENDA DA MAÑA: DE 11:30 A 12:30
QUENDA DA TARDE: DE 18:30 A 19:30

NON MÁIS DESPEDIMENTOS NIN REAXUSTES

7 ene 2013

MAÑÁ PODES SER TI, LOITEMOS POLO NOSO TRABALLO


COMITÉ DE EMPRESA INFORMA

MAÑÁ PODES SER TI,
LOITEMOS POLO NOSO TRABALLO

Os sindicatos presentes no Comité de Empresa, UNIDOS, convocamos a todos a loitar polo futuro dos nosos traballos, ante os contínuos ataques que estamos a sufrir por parte da dirección de esta empresa: cambios de horarios, contratos lixo, baixada de incentivos, baile de departamentos, sancións, despedimentos e un longo etcétera de agresións que non deixamos de padecer.

A empresa trata de exprimirnos ó máximo, sen importarlle as nosas condicións de traballo. Non renovan ós que levan meses traballando mentres seguen facendo cursos -por suposto, ben subvencionados- para incorporar novos traballadores (e iso que din que non hai chamadas).

Tentan evitar que estemos organizados e informados contra os abusos da empresa, perseguindo ós delegados sindicais cos gardas de seguridade, tratándonos como delincuentes (coaccionándonos con chamar a policía, sacándonos fotografías, cando saben perfectamente que iso non é legal).

NON HAI CARTOS PARA PAGAR INCENTIVOS PERO SI PARA INDEMNIZACIÓNS

MAÑÁ MARTES DESLOGUÉMONOS E BAIXEMOS Á RÚA:
TODOS XUNTOS PODEMOS PARALOS


MARTES 8 DE XANEIRO
PAROS E MANIFESTACIÓN DE 11:30 A 12:30 E DE 18:30 A 19:30


4 ene 2013

¿POR QUÉ CONVOCAMOS OS PAROS?


¿POR QUÉ CONVOCAMOS OS PAROS?
 

  • A empresa está aplicando o peor da reforma laboral
  • Nos últimos meses despediron a moitos compañeiros e compañeiras
  • Non deixan de sancionarnos sen motivo.
  • Despiden ós que están enfermos.
  • A actitude do departamento de RRHH é despota, estanse a rir dos traballadores
  • Non se reúnen co comité para  NADA dende fai meses, a pesar de que o solicitamos de xeito reiterado.
  • As xefas están máis crecidas ca nunca e non dubidan en ameneazar ós traballadores.
  • Baixan os nosos salarios facendo desaparecer os nosos incentivos ó establecer obxetivos imposibles.
  • Queren que renunciemos ós permisos recollidos en convenio.
  • Van eliminando pouco a pouco ós traballadores con contratos estables e son sustituídos por contratos lixo.
 
Esta é só a punta do iceberg do que nos agarda se non facemos nada, o seguinte pode ser a nosa xornada, quenda, horarios, salario, vacacións, xa é hora de que TODOS nos impliquemos e loitemos polas nosas condicións de traballo.

                         A FORZA DO COMITÉ E A FORZA DOS TRABALLADORES



PORQUE CO TEU APOIO XA O  FIXEMOS

Porque este comité de empresa co apoio de todos os traballadores alcanzou acordos que beneficiaron ós que formamos parte da plantilla.

Vivimos momentos difíciles cando en 2009 pechou o CRC e acadamos que se recolocara a máis de 400 traballadores. Fai dous anos fixemos que a empresa consolidara máis de 100 ampliacións de xornadas de traballo. Cando Movistar recortou o horario de atención de Captación, conseguimos que se mantiveran as xornadas que a empresa pretendía recortar. Firmamos un acordo polo que os traballadores temos un día máis de vacacións dos estipulados en convenio (24 e 31 de decembro). Cando había cambios de departamento sempre se conseguiron melloras para os traballadores afectados (cambios de quenda, libranzas, eliminación de fins de semana...). E un longo etcétera de logros que este comité ten alcanzado gracias o respaldo de todos vos.

O próximo martes TODOS precisamos ese respaldo de novo, para frear todas estas agresións que estamos padecendo e mellorar as condicións laborais tanto dos que levan xa tempo na empresa (que están a sufrir unha campaña de acoso e derribo), coma a dos novos compañeiros, que levan meses concatenando contratos temporais, sufrindo contínuos cambios de xornadas e quendas, perdendo antigüidade e sen poder desfrutar de ningún dos dereitos que ten o resto.

O MARTES IMOS REPETILO,
 NON QUEDES SENTADO,
 DESLÓGATE  POLOS TEUS DEREITOS

PARAMOS E NOS MANIFESTAMOS
DE 11:30 A 12:30 E DE 18:30 A 19:30