8 ene 2013

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA



Onte 7 de xaneiro ás 16:00 horas a Empresa comunicounos verbalmente o peche do departamento de Retención Xenérica Pemes. Non nos concretaron a data, simplemente din que está previsto nun par de meses, aínda que pode ser antes, din que non saben nada máis e que xa nos informarán (se nos van despedir, recolocar, manter as xornadas, se vai haber cambios de quendas, etc..). Xa levan tempo facendo movementos neste departamento, sen dar ningún tipo de xustificación.. XA O SABÍAN E O CALABAN...

Unha vez máis, Movistar e Extel seguen xogando cos postos de traballo de todos nós e pretenden que sexa de maneira impune.

ESTAMOS TODOS NO MESMO SACO, ISTO AFECTANOS A TODOS  SEXA O DEPARTAMENTO QUE SEXA (ESTE PECHE VAI AFECTAR AO RESTO), MÁIS CA NUNCA É NECESARIO QUE TODOS LLES AMOSEMOS QUE NON ESTAMOS DISPOSTOS A SER MARIONETAS AO SEU ANTOLLO.

Despois de estar meses sen reunirse connosco, comunicannos isto hoxe, que panda de senvergoñas.

 HOXE, MARTES LOITA POLO TEU TRABALLO E DESLÓGATE

QUENDA DA MAÑA: DE 11:30 A 12:30
QUENDA DA TARDE: DE 18:30 A 19:30

NON MÁIS DESPEDIMENTOS NIN REAXUSTES