18 ene 2013

NOVA REUNIÓN PECHE RETENCIÓN XENÉRICA AUTÓNOMOS


No día de hoxe a empresa convocou ao Comité. Informáronnos que o novo servicio de emisión comenzará o 28 de xaneiro con 60 posicións, e posteriormente ampliará con 70 posicións máis.

Según a empresa, o horario do novo departamento é de luns a venres de 10:00 a 22:00 horas e os sábados de 10:00 a 16:00 horas.

O peche definitivo do departamento de Contención Xenérica Autónomos está previsto para o 15 de febreiro.

A empresa ten previsto destinar ao novo departamento a traballadores con contrato eventual (novos traballadores, os compañeiros que estaban agardando na casa a ser chamados e parte dos que actualmente están no departamento de Alto Valor e Xeneralista con contrato eventual), e doutros departamentos (sempre que a súa xornada e contrato sexa compatible).

Con respecto aos traballadores de Retención Portados Autónomos con contrato indefinido da quenda de tarde, serán reubicados en Retención Residencial. En principio a empresa manterá os horarios.

A semana que ven Comité e empresa reunirémonos de novo.

Esperemos que nos poidan concretar máis cales van ser os movementos que teñen pensado facer, xa que na reunión de hoxe, todavía non nos concretaron nada.

Dende o Comité de Empresa seguimos loitando polos dereitos de todos.

Seguirémosvos informando.