14 ene 2013

SEGUNDA REUNIÓN PECHE RETENCIÓN XENÉRICA AUTÓNOMOS: NON NOS GARANTIZAN NADA



Hoxe pola tarde a empresa convocou ao Comité por segunda vez para falar sobre o peche do departamento de Retención Xenérica Autónomos.

A súa intención é a de ir movendo ós que lles pete a outros departamentos sen ningunha garantía de que se vaia recolocar a todos os traballadores.

Dende o Comité de Empresa solicitamoslles un compromiso de recolocación do 100%, cousa a que a día de hoxe néganse a acadar.

Dixeron que mañá comezarán a formar nas dúas quendas a quen elixan mentres o resto segue agonizando.

Tamén nos comunicaron a súa intención de mover a 17 traballadores con contrato indefinido na quenda de tarde de Portados Autónomos a Portados Residencial e reubicar alí a 17 dos afectados de Xenérica que eles escollan.

.
A empresa négase a negociar co Comité (a representación legal dos traballadores) a reubicación de todos os afectados, néganse a garantir o emprego na Coruña, néganse a manter os horarios de todos.

Dos traballadores con contratos temporais de Alto Valor e Xeneralista non din nada. Dende o Comité solicitamos un listado de todos eles para poder controlar que sexan chamados de novo, se a empresa decide non renovarlles


SE NON QUEREN FALAR, TODOS OS TRABALLADORES DEBEMOS DE DAR UNHA RESPOSTA MASIVA E CONTUNDENTE EN DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS.



Seguiremos informándovos.