31 mar 2014

VOLVEMOS A LA CALLE, POR NUESTROS DERECHOS

El próximo martes 1 de abril, a las 12:00 horas y  jueves 3 de abril a las 19:00 horas, volvemos a concentrarnos ante la tienda de Movistar de la plaza de Pontevedra, para exponer ante la opinión pública las penosas condiciones de trabajo que padecemos.


Os animamos a que nos acompañéis, fuera de vuestra jornada laboral.




 El 7 de abril, todos los trabajadores de Extel y Atento en todo el estado tenemos una nueva oportunidad de decir ALTO Y CLARO BASTA YA!

Por eso, contamos contigo, porque nuestras voces deben ser oídas, porque han de ser escuchadas y porque, NADIE tiene derecho a hacernos sentir  explotados, infravalorados,  y esclavos.

¡¡VAMOS A VOLVER A PARAR!!

¡¡VAMOS A VOLVER A SILENCIAR LAS LINEAS
Y GRITAR NUESTRO DESCONTENTO!!

Y en esta ocasión, serán DOS HORAS por turno.

El día 7 de Abril de 11:00 a 13:00 horas
y de 18:00 a 20:00 horas nos vemos en la calle.

QUE EL 1004 SE SILENCIE DURANTE DOS HORAS,

PERO QUE EL CLAMOR SE ESCUCHE DURANTE DÍAS.

28 mar 2014

ACUERDO DÍA DE CIERRE 2014

Hemos alcanzado un acuerdo con la empresa, por el que todos los trabajadores disfrutaremos de un día libre a mayores de los establecidos en convenio, por cierre de la plataforma los días 24 ó 31 de Diciembre. Cada día podremos librarlo el 50% de cada departamento.

A partir del próximo 14 de abril, todos podremos solicitarlo.. Para la concesión del día, a igual solicitud, se tendrá en cuenta la antigüedad en la empresa.

Todos los trabajadores, indiferentemente del contrato que tengan (indefinido, obra o por circunstacias), tendrán derecho a solicitarlo.

Las solicitudes se podrán realizar hasta el 31 de mayo. La empresa publicará la concesión de los mismos el 1 de julio.

Todos los trabajadores que se incorporen en la empresa entre el 31 de mayo y el 30 de septiembre, o los que no lo hayan pedido, podrán solicitarlo hasta el 15 de octubre. La publicación de estas solicitudes se realizará el 31 de octubre.

Los trabajadores que tengan una semana de vacaciones que les coincida con uno de los días 24 o 31, si lo solicitan podrán disfrutar como día de cierre el día que no coincida con el periodo vacacional. Si un trabajador tiene confirmado un día libre por vacaciones, por festivo o por excedencia, uno de estos dos días, podrá cambiarlo, previa solicitud.

VUELVE RETENCIÓN GENÉRICA (AHORA CONTENCIÓN)

La empresa nos ha comunicado que amplía el departamento de Contención . Dicen que, el 8 de abril, se comenzará a atender más llamadas de líneas móviles de gran público, desde nuestra plataforma.

Este cambio, supone un incremento del departamento de Contención ya existente y un descenso de posiciones del departamento de Atención. La empresa cambiará a 39 trabajadores del turno de mañana y 20 del turno de tarde que en la actualidad están en el departamento de Atención y que provienen del extinto departamento de Genérica, vamos: UN CAMBIO DE CROMOS.

Nos dicen que existe “la posibilidad” de ampliar jornadas en turnos partidos o dentro de turno a los trabajadores de tarde.

27 mar 2014

O 7 DE ABRIL SAE Á RÚA UNHA NOVA FUSIÓN:

XUNTANZAS DOS TRABALLADORES SUBCONTRATADOS POR MOVISTAR NA CORUÑA

Continúan as mobilizacións en Extel e Atento. Tanto Movistar como as súas contratas seguen sen atender as nosas xustas reivindicacións. Tras tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña decidimos convocar un novo paro laboral de dúas horas por quenda (de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas) o vindeiro 7 de abril. Cremos firmemente que é hora de intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo, por iso desta vez os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos), tanto pola mañá (saída ás 11 horas) como pola tarde (saída ás 18 horas). Como no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España convocan os paros.

Movistar está dedicando moito esforzo nas súas campañas publicitarias en utilizar a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente nos que traballamos.

Todos temos a responsabilidade de contarlle aos usuarios que a nosa realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de formación profesional, acoso diario (escoitas, TMO, gravacións, auditorías nos postos, monitorizacións, vendas...), insalubridade e estado deficiente das instalacións (chan, cadeiras, cascos, limpeza, ... En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo entre nós que provoque a submisión absoluta: que calemos e obedezamos.


PORQUE NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS XUNTOS

MOVISTAR: NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!

7 DE ABRIL PARAMOS

DE 11:00 A 13:00 HORAS
DE 18:00 A 20:00 HORAS

24 mar 2014

EN ABRIL PARAMOS DE NOVO

As mobilizacións continúan, non podemos parar ata que consigamos os nosos obxectivos. Dende o Comité animámosvos a continuar loitando polos nosos dereitos.

Non só os traballadores de Extel Coruña estamos intentando cambiar as cousas na nosa empresa, tamén están a secundar as mobilizacións os compañeiros de Extel Zaragoza, Madrid, Málaga, Atento Coruña, Madrid, Bilbao, Valencia, Toledo, Lleida, Córdoba, etc...

Temos que acadar que Movistar, Extel e Atento deixen a un lado a súa prepotencia e escoiten que estamos fartos de que nos exploten. Merecemos unhas condicións dignas de traballo. Nunca fomos tantos os que á vez dixemos: BASTA XA!.

NON PODEMOS RENDERNOS, OU PARAN ELES OU SEGUIREMOS PARANDO NÓS, E CADA VEZ MÁIS.

Os paros están a ser secundados masivamente en todos os centros de traballo, e ten que seguir sendo así, se queremos acadar os nosos obxectivos.

Estamos organizados, todos os traballadores de Atento e Extel, unindo as nosas forzas, loitando contra unha situación laboral radicalmente inxusta, da que somos as principais víctimas.

Xa está ben de contratos lixo, salarios de miseria, de despedimentos, presión, sancións, en definitiva, indefensión e perda dos nosos dereitos.

É hora de rebelearse contra esta política empresarial inxusta e opresora.

O 7 DE ABRIL PARAMOS DÚAS HORAS POR QUENDA


DE 11:00 A 13:00 E DE 18:00 A 20:00 HORAS

SE LOITAMOS PODEMOS GAÑAR,
SE NON LOITAMOS, ESTAMOS PERDIDOS
 

17 mar 2014

MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO



UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais - entre as que esta a CGT - sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.

Se a isto lle engadimos as medidas represivas que están a levar a cabo contra os dereitos de manifestación, folga ou expresión de todo aquel que se lles enfronte con decisión, o panorama non pode ser máis desolador.

Tras a nefasta Reforma Laboral que sementa dor por todas partes, na actualidade pretenden aprobar leis profundamente autoritarias e retrógradas: a lei de Seguridade Cidadá e a Lei do aborto son unha mostra disto. Todos seremos posibles obxectivos desta lexislación, que deixa nas mans do poder político e do empresariado unha patente de corso para actuar con total impunidade. Toda unha batería de medidas reaccionarias que atenta contra nós, como cidadáns e que nos nega como País.

Acusamos aos poderes políticos e empresarias, e tamén ao FMI, á UE, ao BCE, cómplices da voracidade capitalista, de:
    • Que no estado español haxa fame e desnutrición infantil.
    • Que haxa 12,5 millóns de pobres, con menos de 7.040 euros anuais.
    • Que haxa seis millóns de persoas no paro.
    • Que se reduzan drasticamente os salarios.
    • Que se eliminen os dereitos laborais básicos, coma a xornada, a categoría ou os contratos dignos.
    • Que se conxelen e reduzan as pensións fronte o IPC.
    • Que se reprima selectivamente a sindicalistas e activistas sociais, así como as súas organizacións.
    • Que se expulse a milleiros de persoas das súas vivendas.
    • Que se lles negue a asistencia sanitaria a millóns de persoas.
    • Que se condene a milleiros de xoves á emigración.
    • Que se lle entregue a natureza á voracidade depredadora do capital, destruíndo o medio e o futuro.
    • Que se destrua sistemáticamente a economía agraria e pesqueira.
    • Que se practiquen políticas xenófobas e inhumanas cos inmigrantes.
Cando milleiros de persoas saen ás rúas, con folgas ou mobilizacións en defensa dos seus empregos ou de dereitos esenciais como á vivenda, á sanidade, á educación, aos transportes públicos e sociais, a un entorno saudable, etc., a resposta é a represión, a violencia e unha orde social autoritaria. Pero iso non se supera só con máis indignación, senón que hai que apostar pola insubmisión ás súas leis, feitas premeditadamente para favorecer aos seus amigos. Paga a pena loitar e recuperar a dignidade como pobo. Hai que pasar á ofensiva como clase traballadora e como sectores populares, e pasar a exercer a maioría social que somos.

Por iso, mobilizámonos para:•Dicirlles aos poderosos que xa abonda de nos roubar: empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna.
    • Berrarlles nos seus pazos, sexa o Congreso, o Pazo de Raxoi, a Zarzuela ou A Moncloa, ou as mansións dos banqueiros, que xa abonda de espoliar os nosos dereitos básicos: a liberdade sindical, a liberdade de expresión, a liberdade de folga, a liberdade de opoñernos firmemente ás súas falcatruadas.
    • Enfrontármonos aos seus desafiuzamentos das nosas vivendas e dos nosos traballos, deixándonos sen presente nin futuro.
    • Combater radicalmente ao seu sistema corrupto, xerador de desigualdades abismais e inxustiza social.
    • Non aceptar o seu concepto de débeda, que pretende atraparnos para sempre.
    • Reivindicar e esixir unha sociedade xusta e igualitaria para termos unha existencia merecente de ser vivida.
Por todo isto esiximos:
    • A restitución ao pobo dos millóns entregados ao poder financeiro.
    • Derrogación da lexislación laboral e de pensións que tanto dor teñen espallado entre os traballadores.
    • Reversión das medidas destrutoras dos servizos públicos, tanto en sanidade como en educación, en transportes e en enerxía.
    • Contratos fixos e salarios suficientes para ter una existencia digna.
    • Redución da semana laboral a 30 horas, para poder traballar todos e todas.
    • Fixación de salarios e pensións mínimos en contía suficiente que permita unha digna independencia económica dos seus perceptores.
    • Incautación das empresas de sectores esenciais para a vida (enerxía, auga…), así como a reversión das privatizacións dos transportes públicos (ferrocarrís, transporte público urbano, correos…) e dos servizos sociais e sanitarios.
    • Dereito á vivenda digna inembargable.
    • Dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e reprodutiva, incluído o aborto con carácter libre e gratuíto.
    • A retirada da Lei Mordaza e da prevista Lei contra a folga.
    • A promulgación de políticas racionais para o nosa agricultura e o noso medio ambiente.
Mobilizámonos por dignidade, porque estamos convencidos de que a loita e a mobilización permanente é o único camiño e por iso convocamos e constituímonos en columna galega, a integrar nas Marchas da Dignidade que confluirán o vindeiro 22 de marzo a Madrid, como un paso máis para conseguir os bxectivos que nos temos marcado.

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA E OS SECTORES POPULARES!
VIVA O POBO EN MOVEMENTO!

BASTA XA DE REPRESIÓN!
CONTRA O CAPITAL E OS SEUS LACAIOS!

7 mar 2014

¡¡¡¡¡GRACIAS!!!!! Y ¡¡¡¡¡GRACIAS!!!!!

GRACIAS A TODOS LOS TRABAJADORES QUE HABÉIS SECUNDADO LOS PAROS EN EL TURNO DE LA MAÑANA Y DE LA TARDE.


Hoy viernes 7 de marzo, hemos vuelto a estar todos los trabajadores de eXTEL A Coruña, Madrid, Málaga y Zaragoza unidos, junto con los compañeros de Atento A Coruña, Bilbao, Valencia, Toledo, Lleida, Sevilla, Córdoba.

Esta jornada de protesta fue la más secundada por todos los trabajadores de eXTEL A Coruña, con un seguimiento superior al 80%.



Con esta nueva de protesta, les hemos dejado claro que los trabajadores no estamos dispuestos a consentir que continúe la presión a la que estamos sometidos, con las continuas  amenazas, sanciones, despidos, falta de formación, instalaciones deficientes y un largo etc.
 


¡¡¡¡LA LUCHA CONTINUA!!!!

¡¡¡¡¡GRACIAS!!!!!

GRACIAS A TODOS LOS TRABAJADORES QUE HABÉIS SECUNDADO LOS PAROS EN EL TURNO DE LA MAÑANA.

El turno de la mañana ha quedado desértico de 12:00 a 13:00 horas, con un apoyo superior al 80%. Y EN EL TURNO DE LA TARDE NO ESPERAMOS MENOS…. No permitamos los abusos de estos EXPLOTADORES. 

El paro está convocado de 19:00  a 20:00. 

Así que REBÉLATE y DESLÓGATE.

El paro va estar amenizado con la canción:


RESISTIRÉ versión EuroCien

CUANDO TE MACHAQUEN CON LAS VENTAS
CUANDO ME ACOSE UN SUPERIOR
CUANDO NO ME PAGUEN INCENTIVOS
Y ME AMENACEN CON SANCIÓN

CUANDO ME REGAÑEN EN LA CHARLA
EN LUGAR DE DARME FORMACIÓN
Y CUANDO EN RECURSOS INHUMANOS
ME TRATEN COMO A UN SER INFERIOR

RESISTIRÉ, JUNTO A MIS COMPAÑEROS
NO AGUANTARÉ LA ABSURDA PREPOTENCIA DE EUROCIEN
QUE MOVISTAR ME SUBCONTRATE Y ME EXPLOTE
PARA AUMENTAR SUS BENEFICIOS Y AL OBRERO QUE LE DEN

RESISTIRÉ, A SUS AUDITORÍAS,
NUNCA VERÉ UNA TARJETA DE EL CORTE INGLÉS
AUNQUE ME ORDENEN QUE LE MIENTA A LOS CLIENTES
RESISTIRÉ,.... Y LUCHARÉ.....

CUANDO ME CONTRATEN POR UN DÍA
Y ME LO VENDAN COMO UN FAVOR
MIENTRAS LA FAMILIA Y LAS AMIGAS
NO ENCIENDEN NI EL ORDENADOR

CUANDO NOS DIRIGEN ENCHUFADOS
Y EL QUE CURRA ES EL OPERADOR
Y AUN ENCIMA VAN Y ME AMENAZAN
CON QUE ME QUITAN LA AMPLIACIÓN

RESISTIRÉ, JUNTO A MIS COMPAÑEROS
NO AGUANTARÉ LA ABSURDA PREPOTENCIA DE EUROCIEN
QUE MOVISTAR ME SUBCONTRATE Y ME EXPLOTE
PARA AUMENTAR SUS BENEFICIOS Y AL OBRERO QUE LE DEN

RESISTIRÉ, A SUS AUDITORÍAS,
NUNCA VERÉ UNA TARJETA DE EL CORTE INGLÉS
AUNQUE ME ORDENEN QUE LE MIENTA A LOS CLIENTES
RESISTIRÉ,.... Y LUCHARÉ.....

CUANDO NOS VISITAN 4 JEFES
Y ALGUNAS SE PEINAN EN SU HONOR
PERO LES DA IGUAL VER LA BASURA
Y LAS PULGAS SALTANDO ALREDEDOR

AUNQUE ME CONGELE CON EL FRÍO
O ME MUERA DE UN SOFOCÓN
SÓLO LE PREOCUPA AL RESPONSABLE
SI HE VENDIDO FIBRA O FUSIÓN

RESISTIRÉ LOS GRITOS DEL PASILLO
TROPEZARÉ CON UNA BALDOSA SUELTA, BIEN LO SÉ
AUNQUE ME CAIGA DE MI SILLA QUE ESTÁ ROTA
Y AUNQUE LAS TECLAS DEL TECLADO CON LA MIERDA NO SE VEN

RESISTIRÉ, A ESTA DICTADURA
AGUANTARÉ, LA ABSURDA PREPOTENCIA DE EUROCIEN
AUNQUE ME ORDENEN QUE LE MIENTA A LOS CLIENTES
RESISTIRÉ,.... Y LUCHARÉ.....



6 mar 2014

TEÑEN QUE TRIUNFAR A SOLIDARIDADE E O APOIO MUTUO

MAÑÁ, DÍA 7 DE MARZO

TEÑEN QUE TRIUNFAR A SOLIDARIDADE E O  APOIO MUTUO

PARAMOS DE 12 A 13 E DE 19 A 20 HORAS

EN SINAL DE PROTESTA

VESTÍMONOS TODOS DE NEGRO!!!

Basta xa de traballar nestas condicións denigrantes. Estamos máis que fartos de despidos, sancións, ameazas, presión, suciedade no centro e un longo etcétera de penurias que xa todos coñecemos.

O día 7 todos vestidos de loito para enterrar as súas presións, ameazas, agresións e desprezos. Únete aos teus compañeiros. Demostra que non estás disposto a seguir aturando isto.

Ademáis estes ladróns descontáronnos de máis polos paros anteriores, Intentando, coma sempre, roubar. Ante as nosas denuncias e baixo ameaza, fixeron unha regularización que xa podedes ver nesta nómina.

POR TÍ, POR TODOS, ÚNETE AOS PAROS

Seremos máis que nunca: Os paros afectan a todos os centros de Extel e Atento en todo o estado, miles de traballadores estamos chamados á folga.

A CORUÑA, BILBAO, MADRID, MÁLAGA, ZARAGOZA, VALENCIA, TOLEDO, LLEIDA, SEVILLA, CÓRDOBA,... DICIMOS BASTA!