MAÑÁ, DÍA 7 DE
MARZO
TEÑEN QUE TRIUNFAR A
SOLIDARIDADE E O APOIO MUTUO
PARAMOS DE 12 A
13 E DE 19 A 20 HORAS
EN SINAL DE
PROTESTA
VESTÍMONOS
TODOS DE NEGRO!!!
Basta xa de traballar nestas condicións denigrantes. Estamos
máis que fartos de despidos, sancións, ameazas, presión, suciedade no centro e
un longo etcétera de penurias que xa todos coñecemos.
O día 7 todos vestidos de loito para
enterrar as súas presións, ameazas, agresións e desprezos. Únete aos teus compañeiros. Demostra
que non estás disposto a seguir aturando isto.
Ademáis estes ladróns descontáronnos de máis polos paros
anteriores, Intentando, coma sempre, roubar. Ante as nosas denuncias e baixo
ameaza, fixeron unha regularización que xa podedes ver nesta nómina.
POR TÍ, POR TODOS, ÚNETE AOS PAROS
Seremos máis que nunca: Os paros afectan a todos os centros
de Extel e Atento en todo o estado, miles de traballadores estamos chamados á
folga.
A
CORUÑA, BILBAO, MADRID, MÁLAGA, ZARAGOZA, VALENCIA, TOLEDO, LLEIDA, SEVILLA,
CÓRDOBA,... DICIMOS BASTA!