XUNTANZAS
DOS TRABALLADORES SUBCONTRATADOS POR MOVISTAR NA CORUÑA
Continúan
as mobilizacións en Extel e Atento. Tanto Movistar como as súas
contratas seguen sen atender as nosas xustas reivindicacións. Tras
tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano, os
comités de empresa de Extel e Atento na Coruña decidimos convocar
un novo paro laboral de dúas horas por quenda (de 11:00 a 13:00 e de
18:00 a 20:00 horas) o vindeiro 7 de abril.
Cremos firmemente que é hora de intensificar a loita e trasladar as
nosas protestas máis alá de cada centro de traballo, por iso desta
vez os compañeiros de Extel e Atento sairemos
en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para
xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa
Marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos), tanto pola mañá (saída
ás 11 horas) como pola tarde (saída ás 18 horas).
Como no paro do pasado día 7 de marzo, todos
os centros de traballo de Atento e Extel en España convocan os
paros.
Movistar
está dedicando moito esforzo nas súas campañas publicitarias en
utilizar a imaxe
dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para
facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de
atención ao cliente nos que traballamos.
Todos
temos a responsabilidade de contarlle aos usuarios que a nosa
realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e
miserables, cambios caprichosos e constantes de horarios; falta de
formación profesional, acoso diario (escoitas, TMO, gravacións,
auditorías nos postos, monitorizacións, vendas...), insalubridade e
estado deficiente das instalacións (chan, cadeiras, cascos, limpeza,
... En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo
entre nós que provoque a submisión absoluta: que calemos e
obedezamos.
PORQUE
NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS
XUNTOS
MOVISTAR:
NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS
REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!
7
DE ABRIL PARAMOS
DE
11:00
A 13:00 HORAS
DE
18:00
A 20:00 HORAS