As
mobilizacións continúan, non podemos parar ata que consigamos os
nosos obxectivos. Dende o Comité animámosvos a continuar loitando
polos nosos dereitos.
Non
só os traballadores de Extel Coruña estamos intentando cambiar as
cousas na nosa empresa, tamén están a secundar as mobilizacións os
compañeiros de Extel Zaragoza, Madrid, Málaga, Atento Coruña,
Madrid, Bilbao, Valencia, Toledo, Lleida, Córdoba, etc...
Temos
que acadar que Movistar, Extel e Atento deixen a un lado a súa
prepotencia e escoiten que estamos fartos de que nos exploten.
Merecemos unhas condicións dignas de traballo. Nunca fomos tantos os
que á vez dixemos: BASTA XA!.
NON
PODEMOS RENDERNOS, OU PARAN ELES OU SEGUIREMOS PARANDO NÓS, E CADA
VEZ MÁIS.
Os
paros están a ser secundados masivamente en todos os centros de
traballo, e ten que seguir sendo así, se queremos acadar os nosos
obxectivos.
Estamos
organizados, todos os traballadores de Atento e Extel, unindo as
nosas forzas, loitando contra unha situación laboral radicalmente
inxusta, da que somos as principais víctimas.
Xa
está ben de contratos lixo, salarios de miseria, de despedimentos,
presión, sancións, en definitiva, indefensión e perda dos nosos
dereitos.
É
hora de rebelearse contra esta política empresarial inxusta e
opresora.
O
7 DE ABRIL PARAMOS DÚAS HORAS POR QUENDA
DE
11:00 A 13:00 E DE 18:00 A 20:00 HORAS
SE
LOITAMOS PODEMOS GAÑAR,
SE
NON LOITAMOS, ESTAMOS PERDIDOS