26 dic 2013

TODOS PARAMOS O 8 DE XANEIRO

EXTEL A CORUÑA
EXTEL MADRID
EXTEL MÁLAGA
EXTEL ZARAGOZA
ATENTO A CORUÑA

Por primeira vez todos loitamos xuntos, debemos de defender a nosa dignidade e todos os dereitos que tanto custou conseguir.

Estamos fartos de que Telefónica obteña beneficios millonarios ano tras ano e pretenda escravizarnos coa excusa da crise....NON É UNHA CRISE, É UNHA ESTAFA QUE NOS SAE DO LOMBO.

4.000 traballadores estamos chamados a folga o 8 de xaneiro, debido a explotación á que estamos sometidos:

DESPIDOS INDISCRIMINADOS, SANCIÓNS, AMEAZAS, ABUSO DE AUTORIDADE, PRESIÓN, AUDITORÍAS CONSTANTES, CONTRATOS BASURA, SOLDOS MISERABLES, FALTA DE FORMACIÓN, CONDICIÓNS DE SAÚDE NEFASTAS, E UN LONGO ETC...

Loita, non te quedes sentado. Utiliza a única arma que temos os traballadores frente ao abuso do gran capital, parando a producción.

MÉRCORES 8 DE XANEIRO: DESLÓGATE

QUENDA DE MAÑÁ: DE 12:00 A 13:00 HORAS
QUENDA DE TARDE: DE 19:00 A 20:00 HORAS

XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!