20 dic 2013

CGT contra a mafia de Mercadona

A CGT da Coruña convoca para o día 21 de decembro, sábado, unha concentración diante do Mercadona situado na Avenida de Fisterra, número 265, da cidade, ás 11:30 horas, e protesta polo despedimento do compañeiro Fran, afiliado da CGT de Málaga polo simple feito de intentar constituir a sección sindical.

Facemos un chamamento a todo o pobo traballador para que participe nas mobilizacións contra esta empresa, carcterizada por ser a patronal máis retrograda e cobizosa do país e polas súas prácticas mafiosas.

PRÁCTICAS MAFIOSAS EN MERCADONA

A primeiros do mes de outubro, a empresa Mercadona abriulle un expediente disciplinario ao compañeiro Fran, que se atreveu a organizar a Sección Sindical da CGT en Mercadona de Málaga. A súa intención era clara: desfacerse dos
traballadores máis incómodos e entre eles está Fran, que se negara, pouco antes do expediente, a aceptar cartos para que se esquecese da actividade sindical.
Efectivamente, o pasado día 10 de outubro, a empresa despediu ao compañeiro, que respondeu plantándose diante da empresa desde o luns, día 14, mentres a CGT de Málaga realiza concentracións diarias ante os supermercados.
A resposta da empresa é a típica do mundo gangsteril: ofrécelle a Fran unha importante cantidade de cartos e, por riba, diríxese a un cuñado do compañeiro, que tamén traballa na empresa, facéndolle ver que o seu posto de traballo depende do cese das protestas, intentando crear un clima hostil no ámbito familiar.
Estas prácticas, propias das mafias, no van quedar impunes e van provocar o incremento das actuacións sindicais da CGT cara Mercadona ante a falta de respecto aos dereitos básicos dos seus traballadores.
Por isto a CGT se concentra para proclamar que cada despedimento é unha agresión e ningunha agresión vai quedar sen a resposta solidaria correspondente.

SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE LOITAN!
SE NOS TOCAN A ÚN, TÓCANNOS A TODOS!
READMISIÓN INMEDIATA DE FRAN!