O próximo venres, día 20 de decembro, ás 19:30 horas, a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e das Mariñas convoca unha nova concentración nos andéns da Estación de San Cristóbal
na Coruña. O motivo é a protesta polo desmantelamento do ferrocarril
e en demanda dun servizo público de trens social, de calidade e seguro.
A plataforma, da que forma parte a CGT, considera
que as últimas medidas de troceamento das empresas ADIF e RENFE son un
paso decisivo para a futura privatización e a desaparición do
ferrocarril como servizo público.