A CGT de Galicia participa na Plataforma Galega das Marchas da Dignidade. Esta Plataforma convoca unha manifestación para o próximo día 21 de xuño, sábado, en Compostela que partirá ás 12 horas da estación do ferrocarril e rodeará o Parlamento Galego. Esta acción é continuidade da Marcha da Dignidade que tivo lugar en Madrid o pasado 22 de marzo e farase en coordinación co resto de Plataformas de todo o Estado, que farán manifestacións similares en todas as capitais autonómicas.
A organización ten previsto viaxar en tren, partindo da estación da Coruña ás 11:20 horas e regresando ás 14:40 horas. No caso de que este transporte non sexa suficiente, se fletarán autocares.
A CGT da Coruña considera moi importante a participación neste acto, polo que fai un chamamento a que vos anotedes, coa maior brevidade posible, para organizar a viaxe axeitadamente (sobre todo, as persoas que prefiran viaxar en tren).