20 feb 2013

SÓ CONTAN MENTIRAS




Onde dixen digo, digo Diego. A empresa leva máis dun mes contando un feixe de mentiras aos traballadores da Coruña:

-        Dixeron que recolocarían a todos os temporais da tarde no novo departamento e a REALIDADE é que todos están despedidos, uns nun curso para un novo servizo, outros cun contrato miserable de fin de semana, e o resto agardando na casa.
-        Dixeron que os preto de 150 compañeiros de Xenérica Pemes manterían os horarios e minimizarían as modificacións, e a REALIDADE é que non só non os manteñen, senón que a modificación é a peor das posibles.
-        Nunca houbo tan mala fe por parte da empresa á hora de facer os horarios: aproveitan  estas modificacións para roubarnos PVDs e descansos.
-        Dixeron que ían negociar co Comité o peche do departamento, e a REALIDADE é que fixeron o que lles petou.
-        Dixeron que respetarían a legalidade vixente, e a REALIDADE é que fixeron modificacións sustanciais e fins de obra de maneira ilegal.
Dixeron moitas cousas que resultan ser mentiras, a empresa executou unha agresión sen precedentes aos dereitos de todos.
 
É hora de loitar, é hora de solidarizarnos cos nosos compañeiros, todos estamos no mesmo barco e todos estamos afectados.

Se non facemos nada, isto non vai parar aquí.


MAÑÁN XOVES 21 DE FEBREIRO DESLÓGATE E BAIXA A RÚA

DE 12:30 A 13:30 HORAS
DE 18:30 A 19:30 HORAS