Dende o Comité queremos agradecer o
masivo seguimento dos paros do 21F en ambas quendas. Os traballadores
dixemos alto e claro que non imos dar nin un paso atrás nos nosos dereitos e
non imos consentir os abusos aos que nos
someten as nosas xefas. A loita
continúa!!!
Aínda que a empresa a día de hoxe segue
a manter a súa actitude déspota, nós non abandoamos o diálogo, polo que convocamos á empresa a unha nova
reunión con carácter urxente para tratar de mellorar as condicións laborais de
todas e todos.
Se finalmente a empresa non quere
negociar e se encapricha en manter situacións que non benefician a ninguén,
temos convocados novos paros para o vindeiro xoves 28, onde
amosaremos unha vez máis que a unión de tódolos traballadores é o camiño para
acadar os nosos obxetivos.
XOVES 28 DE FEBREIRO DESLÓGATE E BAIXA A RÚA
DE 12:30 A 13:30 HORAS
DE 18:30 A 19:30 HORAS