Esta
déspota empresa, unha vez máis ataca os dereitos dos traballadores
da Coruña.
No día de hoxe, secuestrou ós compañeiros de Retención Pemes da quenda da
mañá para comunicarlles que o domingo iban ser despedidos “por
fin de obra” e o luns firmarían un novo contrato, sen coñecer
ningunha das novas condicións de traballo.
A
espaldas do Comité, a responsable de RRHH, fiel escudeira da tirana
que temos como xefa da plataforma, con un feixe de mentiras, intentou
embaucar ós nosos compañeiros, cousa que tamén intentou cos
traballadores da quenda de tarde, e co resto de traballadores
indefinidos, que viron modificado o seu horario sustancialmente.
Dende
o Comité consideramos que a empresa está a facer un despido
colectivo e modificación das condicións de traballo, con cambios de
horarios, de xeito ilegal, saltándose tódolos procedementos
establecidos.
A
dirección da empresa leva un mes enganándonos a todos, vendendo as
súas boas intencións de manter xornadas, quendas e horarios, cando
o que realmente estivo a facer e recolocar a dedo a quen lle
interesa, jodendo os demáis compañeiros sen ningún tipo de
criterio obxetivo.
Tódolos
sindicatos presentes no Comité, non imos tolerar que esta panda de
senvergoñas esténse a rir de todos, nos nosos fuciños.
LEMBRADE:
NON ASINEDES NADA SEN PEDIR ANTES UN REPRESENTANTE SINDICAL
Xa
é hora de paralas, cos traballadores da plataforma non se xoga, non
imos a agochala cabeza mentres nola pisotean.
O
vindeiro xoves 21 de febreiro TODOS paramos:
DE
12:30 A 13:30 E DE 18:30 A 19:30
Hoxe
son máis de 150 compañeiros os afectados, pero xa amosaron a
intención de pasarse os nosos dereitos polo forro dos collóns. Se
non os detemos agora, van seguir facendo o que lles pete co resto,
cousa que xa deixaron caer nalgunha das reunións que tiveron con
nós.
Esta
panda de maleantes xa ensinaron as súas cartas.
O xoves tocanos a
nós, os traballadores