17 ago 2012

O 21 DE AGOSTO TODOS PARAMOS

CGT e CIG convocan paros dunha hora o vindeiro martes 21 de agosto (das 12:00 ás 13:00 e das 18:00 ás 19:00)


A empresa xoga con nós, como se fósemos títeres, tentando amedrentarnos con despedimentos sen importarlle unha merda o que vai ser de nós.
NON Á POLÍTICA DO TERROR

A empresa alega para despedirnos  un feixe de mentiras (baixa productividade deliberada, voluntaria e continuada). ISTO MESMO PODE APARECER NA TÚA CARTA DE DESPEDIMENTO  SEN IMPORTAR CALES SEXAN OS TEUS RESULTADOS.

A nova reforma laboral é un arma nas mans da empresa. A nosa única defensa é a forza da unión dos traballadores. Somos moitos, elas son poucas e moi cobardes.
NON MÁIS DESPEDIMENTOS