2 ago 2012

NON MÁIS DESPIDOS




CGT e CIG convocan unha concentración o vindeiro martes 7 de agosto as 15:00 horas, diante do Edificio Proa en protesta polos últimos despidos que executou a empresa.

Xa é hora de que os traballadores lle plantemos cara, a dirección da empresa, que únicamente busca explotarnos cada vez máis, para acadar o máximo beneficio a nosa conta..

Temos que ser conscientes de que todos estamos sendo atacados.

Tentan que sexamos sumisos meténdonos o medo no corpo, coa única intención de irnos aniquilando pouco a pouco.


SE TOCAN A UN,
TÓCANNOS A TODOS