14 ago 2012

¿ESTAMOS DE BROMA?

A empresa comezou a facilitar “tarxetas de acceso persoais e intransferibles” para poder entrar ao edificio Proa.

Xunto coa tarxeta entregan a asinar un documento que establece entre outras lindezas que vas ter que pagar a tarxeta a un prezo  ¿¿¿¿€€€€€€€ ???? en caso de perda, tendo que comunicar de forma inmediata o extravio da mesma e en caso de non ter a tarxeta non poderás acceder ao teu posto de traballo, o cal suporá unha ausencia inxustificada, tal como  comunicou a responsable de RRHH.

Ante isto xúrdennos varias dúbidas que a empresa non sabe responder:

-        Se perdo a tarxeta fora do horario de RRHH, ¿a quen llo teño que comunicar?
-        ¿Cal é o custo da tarxeta?
-        Se é persoal e intransferible, ¿que ocorre se a extravío e a emprega outra persoa?
-        ¿Somos traballadores ou números?

NON ASINES O DOCUMENTO QUE DÁ A EMPRESA, NON É UN RECIBÍ É UN CONTRATO, UNHA FOLLA EN BRANCO PARA QUE A EMPRESA FAGA O QUE LLE PETE