6 jul 2011

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA


INCENTIVOS RETEN CAPTA

Tras a reunión mantida onte coa empresa, varios meses de espera e  sucesivas cancelacións, non chegamos a ningún acordo no tema dos incentivos deste departamento.

A empresa presenta un sistema de incentivos desproporcionado e discriminatorio co resto dos departamentos e insultante para todos nos, que en vez de incentivar penaliza ós traballores.

1.    Plantexan unha serie de penalizacións ó noso traballo, que dende este Comité non podemos aceptar.

2.  Propoñen parámetros que non se valoran en ningún departamento, e que non se poden contrastar por parte do traballador.

3. Perda de poder adquisitivo respecto ós incentivos de Captación Xenérica, algo que a empresa garantizou ó finalizar o servizo incumplindo o compromiso adquirido con todos os traballadores.


A empresa, unha vez máis, quere rirse de todos nos dándonos unha miseria de incentivos que por riba  vense reducidos por penalizacións.

Non sabemos se a empresa implantará este sistema escravizante que nos prsentou hoxe, pero o que sí sabemos e que dende este Comité non aceptaremos este tipo de burlas e non chegaremos a ningún acordo miserento con eles.

Manteremosvos informados.