10 jun 2010

Na Coruña, Folga e Concentración en Correos


O vindeiro mércores, 10 de xuño, ás 12 da mañá, diante da oficina principal da Coruña, está convocada unha concentración de traballadores e traballadoras de Correos en contra do apagón postal e pola viabilidade de Correos, no marco da xornada de Folga convocada por CGT xunto con outras organizacións sindicais.