Este Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír a manifestarse polas rúas da Coruña, nesta ocasión co lema “CADA DESPIDO É UNHA AGRESIÓN. NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA”.
Para a CGT a situación que está a vivir a clase traballadora é insostible. O despido libre, a existencia de máis de catro millóns de parados e a ameaza dunha nova reforma laboral e do sistema de pensións esixen que os traballadores amosemos firmemente o noso rexeitamento á situación e a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos intereses.
Por isto, convocámoste a que participes na manifestación que sairá ás 12 do mediodía da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.
ESTE ANO NON PODEMOS FALTAR NINGÚN
BASTA XA DE DESPIDOS SALVAXES E SINDICATOS DOMESTICADOS