22 abr 2010

Unha nova agresión: despedida por ser nai.



O pasado 24 de marzo, a compañeira Lupe foi despedida pola empresa BNB Espacio Vital (adicada á dietética, herboristería e estética) na que traballaba dende hai 10 anos.

Logo de padecer precariedade na contratación durante este tempo, os abusos por parte dos seus xefes agraváronse desde que se reincorporou do seu permiso de maternidade: desprezos, recorte de remuneracións, retrasos, malas condicións de traballo, … que mesmo lle ocasionaron unha depresión e que foron denunciados pola traballadora, sendo refrendados estos feitos polos organismos competentes; cando volveu ao traballo logo da baixa médica por depresión foille presentada carta de despedimento disciplinario baseado en falsas acusacións.

Dende a CGT non se permitirá que esta empresa siga a pisotear os dereitos dos traballadores e traballadoras que, como Lupe, son firmes na defensa dos seus dereitos como traballadora e como nai, enfrentando directa e decididamente calquera tipo de agresión á nosa dignidade.

Se ten creado un grupo en facebook sobre o tema: Yo también me uno al boicot contra BNB Espacio Vital.


O martes 27 de abril, haberá una concentración as 19:00 horas diante da empresa na plaza de Lugo número 4, en protesta contra esta agresión contra esta nai traballadora.