Os
vindeiros luns 24 ás 12:00 e xoves 27 de febreiro ás 19:00 horas,
escoitarase a voz dos traballadores e traballadoras de Extel nas rúas
da cidade. O Comité ten convocadas nas horas indicadas
concentracións diante de dúas tendas de Movistar, ubicadas na praza
de Pontevedra e Ramón y Cajal respectivamente.
O
motivo destas concentracións é facer visible a nosa problemática a
todo o pobo. Ante os seus intentos de silenciarnos, facémoslle
fronte e alzamos máis a nosas reivindicacións:
NON
MÁIS PRESIÓNS, NON MÁIS SANCIÓNS, MÁIS HIXIENE E LIMPEZA NO NOSO
CENTRO DE TRABALLO, NON MÁIS SALARIOS INDECENTES, MÁIS FORMACIÓN,
NON MÁIS CONTRATOS LIXO, NON MÁIS MULTIMILLONARIOS BENEFICIOS A
COSTA DA NOSA EXPLOTACIÓN, ETC..
Convidámosvos a
participar nestas concentracións. Xa é hora de desenmascarar a
suposta imaxe de cercanía e transparencia de MOVISTAR e as súas
ruíns subcontratas, coma Extel.
EN
MARZO TODAS E TODOS VOLVEREMOS A DEMOSTRARLLES QUE COS NOSOS DEREITOS
E SAÚDE NON SE XOGA.
SE
LOITAMOS UNIDOS, EN PÉ E ORGANIZADOS SEREMOS INVENCIBLES.