14 feb 2014

Concentración pola readmisión de José Carlos

CGT da Coruña covoca unha concentración o día 18, martes, ás 13:00 horas, diante da oficina central do BBVA na Coruña, sita no número 18 do Cantón Pequeno para exixir a READMISIÓN de José Carlos Romero, representante da CGT, despedido pola empresa Transcom, polo “grave” delito de informar a uns traballadores que ían ser despedidos e ofrecerlles asesoramento legal e sindical, Este despotismo e esta agresión só poden ter unha resposta: a mobilización para conseguir a readmisión inmediata do noso compañeiro.

JOSÉ CARLOS READMISIÓN!
SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS!