4 feb 2014

CONTRA OS SEUS ABUSOS PRENDE O LUME DA REBELDÍA!!




Mañá máis de 4,000 traballadores estamos chamados a secundar unha xornada de loita en protesta polas penosas condicións laborais ás que nos somenten Movistar-Extel-Atento. É hora de demostrarlles de xeito FIRME e CONTUNDENTE que non estamos dispostos a seguir consentindo todos os seus atropelos, é hora de PARARLLES OS PÉS. Se eles non paran, PARAMOS NÓS.

  • Se queres que non te acosen: COLGA OS CASCOS.
  • Se queres que non te auditen no posto: DESLÓGATE.
  • Se queres unha formación axeitada: PARA.
  • Se non queres que xoguen coa túa saúde: ÚNETE.
  • Se non queres que che cambien o horario: PARTICIPA.
  • Se queres uns incentivos decentes: BAIXA.
  • Se non queres “que che fagan seguimentos”: APÚNTATE.
  • Se queres un departamento de RRHH “humano”: VEN.
  • Se queres que che fagan un contrato estable: REBÉLATE.
  • Se non queres máis presión: SÚMATE.

MÉRCORES 5 DE FEBREIRO PARAMOS DE 12 A 13 HORAS E DE 19 A 20 HORAS

Recordade que xantaremos/merendaremos a súa tiranía. Haberá café, in-FUSIÓN e “FIBRA” para todos.... sempre en función da dispoñibilidade de cobertura.

PORQUE NOS AFECTA A TODOS.....

...É HORA DE QUE SAÍR Á RÚA, NON PERMITAMOS QUE NOS PISEN!!!