29 ene 2014

EXTEL- MOVISTAR: TERRORISMO EMPRESARIAL

Unha vez máis a empresa mostra o seu máis absoluto desprezo a todos os traballadores e non nos deixa outro camiño que o da mobilización, a única arma que temos para conseguir nosas máis que xustas pretensións.

No día de onte, había unha reunión Comité - empresa e unilateralmete decidiron anulala, así demostran as ganas de negociar que teñen.

Estamos fartos das súas constantes PRESIÓNS: levan meses ameazando con cambios á tarde por "sobredimensionamento" = SOBRAN TRABALLADORES. Continúan as súas pretensións de redistribuír as xornadas en semana e fin de semana. Xa está ben de ampliacións de xornadas temporais: moitos levamos anos asinando anexos, XA É HORA DE QUE SEXAN DEFINITIVOS. Prometeron que só traballariamos unha fin de semana ao mes e MOITOS continuamos traballando fins de semana alternas. Xa está ben de contratos fraudulentos: vai sendo hora de estabilidade para todos os compañeiros que levan encadeando máis dun ano contratos temporais. Que dicir da PRESIÓN que padecemos, as AMEAZAS, SANCIÓNS e un longo etc de penurias ás que nos someten.
RECORDADE: ante calquera sanción (verbal ou escrita) que vos queiran impoñer, SOLICITADE representación sindical, os delegados que estean no centro apoiaranvos ante esta panda de delincuentes.

É HORA DE FREAR OS SEUS ABUSOS, DE NOVO TEMOS QUE FACERNOS OIR. UNHA VEZ MÁIS NON ESTAMOS SÓS:

A CORUÑA, MADRID, MÁLAGA, ZARAGOZA DICIMOS BASTA!

O MÉRCORES 5 DE FEBREIRO COMÉMONOS A SUA FUSIÓN E A SUA FIBRA

Café, in-FUSIÓN e FIBRA para todos

ÚNETE AO PARO DE 12 A 13 HORAS E DE 19 A 20 HORAS