MAÑÁ
TODOS PARAMOS
Non
é nada novo que a presión, instigación e o acoso que estamos
padecendo hai tempo e que cada vez vai a máis.
Non
só nos sancionan ou incluso despiden por non ofrecer ou vender.
Tamén por non facelo de maneira comercial, é dicir ao seu antoxo.
Esta
situación non é exclusiva de Extel Coruña, senon que está
extendida por todas as súas plataformas e noutras empresas do
sector.
Uns
e outros compartimos moitos dos motivos polos que nos mobilizamos e
tamén a un mesmo cliente -Movistar- responsable moi en parte das
nosas penurias e das de moitos outros compañeiros do sector. Todos
sufrimos agresións constantes en forma de intimidacións, presións,
sancións e mesmo despedimentos disciplinarios “exemplarizantes”
que logo a empresa non ten o reparo en recoñecer como improcedentes
co único obxectivo de amedrentarnos.
Por
primeira vez na historia convócanse movilizacións á vez nas catro
plataformas que Extel ten en España, á que se suman os compañeiros
de Atento A Coruña. É a ocasión de demostrar que non estamos
dispostos a seguir tragando.
Plantémoslles
cara, saiamos a rúa a denunciar públicamente os ataques de
telefónica -Extel – Atento.
QUE
BUSCAMOS CON ESTES PAROS:
CESE
da presión; NON
MÁIS:
despidos, sancións vinculadas ao ofrecemento, auditorías
constantes, contratos basura (a empresa debe ofrecer estabilidade aos
traballadores temporais); FORMACIÓN;
INCENTIVOS
xustos, MELLORES
condicións de saúde e hixiene,...
O
MÉRCORES 8 DE XANEIRO
PARAMOS
E MANIFESTÁMONOS DE 12 A 13 E DE 19 A 20 HORAS