27 may 2013

NON SEN O MEU PIN



Moitos de nós estamos conectados con pines e claves doutros compañeiros,
práctica que é ilegal e sancionable según a nosa merda de convenio. É a
propia empresa a que facilita estes usuarios sen deixar nada por escrito,
lavándose as máns, e se despois pasa algo.... pagámolo nós, OS
TRABALLADORES.
Dende a CGT e a CIG aconsellámosvos que non vos conectedes con un
PIN ou CLAVE que non sexa voso, a non ser que volo faciliten por
escrito, con copia para vós.
Cada un de nós debemos ter a nosa propia clave e pin para que nos
paguen ben o salario e os incentivos e evitar posibles sancións porque
calqueira poda facer mal uso das nosas claves.
É obriga da empresa facilitarnos unhas claves persoais e intransferibles para
que os nosos datos de conexión e tramitacións sexan realmente os de cada
un de nós e poder demostrar e acreditar en que servizos e campañas
estamos conectados.
A empresa quere facernos crer que os nosos compañeiros que atenden
a clientes residenciais (contrato e prepago) pertencen á obra de
Pemes...., que non nos tomen por parvos, é evidente o fraude nos
contratos temporais e de obra.
Dende a CGT e a CIG faremos todo o que haxa que facer para frear este
tipo de atropelos desta déspota empresa sen escrúpulos, que alardea na
rúa de que fomenta o emprego coa súa “redGeneración” cando o que
realmete fai é precarizalo
Vergoña allea temos o ver como posan para a foto con camisetas corporativas
vendendo as supostas bondades dunha multinacional explotadora.