21 jul 2010

Campaña contra la Reforma Laboral



Dentro de la campaña general de la CGT contra la Reforma Laboral, la CGT de A Coruña ha decidido realizar diversos actos públicos en los barrios de la ciudad, distribuyendo información sobre lo que supone este nuevo desmán contra los derechos de los trabajadores. Así, comenzando por los barrios de Monte Alto y de As Conchiñas, se informará a los trabajadores y clases populares del alcance de las medidas aprobadas por el gobierno.


Dentro de esta campaña, se está distribuyendo una hoja informativa cuyo contenido es el siguiente:

“Unha nova reforma laboral para o despido

O pasado mes de xuño, o goberno do PSOE aprobou unha nova Reforma Laboral que supón unha gravísima agresión a todos os traballadores e que lesiona aínda máis os dereitos que tanto esforzo custou conseguir. As medidas aprobadas, que terán que pasar por un trámite parlamentario que as poden agravar, son, resumidamente, as seguintes:


Despidos máis fáciles e baratos:

• Nos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs), redúcense os requisitos para demostrar as presuntas “situacións negativas” da empresa. Isto fará que suframos aínda máis EREs fraudulentos, que reducirán as indemnizacións de 45 a 20 días por ano traballado.

• Despidos que antes eran nulos (a empresa tiña que readmitir), agora son improcedentes (o traballador queda na rúa).

• Os preavisos de despido individual polas mesmas causas que nos EREs (económicas, técnicas, organizativas ou produtivas) redúcense de 30 a 15 días.


Perda dos dereitos dos traballadores nas empresas:

• As empresas poderán incumprir os salarios dos convenios colectivos de sector por petición do empresario, petición que será resolta por un laudo arbitral en caso de desacordo.

• Redución do período de consultas nos casos de traslados e de modificación substancial das condicións de traballo (xornada, horario, quendas, funcións, etc.)

• A xornada poderase reducir entre un 10 e un 70%, pasando parcialmente o traballador ao paro.

Menos dereitos nas novas contratacións:

• Xeralización do contrato indefinido de 33 días de indemnización aos colectivos aos que antes non se podía aplicar. Isto supón a desaparición, na práctica, dos contratos con indemnización de 45 días por ano.

• Aumento na idade do contrato de formación. Poderase traballar ata os 25 anos cobrando o Salario Mínimo In-terprofesional (673 euros ao mes).

Axencias de colocación e ETTs:

• Poderanse crear axencias de colocación con ánimo de lucro. Isto suporá a cesión a empresas privadas de funcións dos Servizos Públicos de Emprego.

• Autorízase a que as ETTs entren en sectores prohibidos ata agora: construción, minería, sondaxes, plataformas mariñas, explosivos e alta tensión, o que provocará un incremento na xa intolerable cifra de accidentes de traballo.

• As ETTs poderán entrar na Administración Pública, co que se fomentará o enchufismo e o amiguismo.


Bonificacións para os empresarios:

• Os empresarios abonarán 8 días menos por ano en cada despido. Esta bonificación será pagada polo FOGASA e reducirá os gastos empresariais para facilitar o despido.

• Redución de cotas da Seguridade Social e FOGASA nos novos contratos, incluídos os de formación.

• Creación do Fondo de Capitalización para contratos indefinidos, reducindo os importes que abonarán os empresarios en casos de despido, traslados e horas de formación. Os traballadores pagarán os seus propios despidos.



Non consintamos este novo ataque

Coa escusa da crise provocada polo propio sistema capitalista, coa complicidade dos políticos-monicreques nos distintos gobernos, os empresarios estannos roubando os poucos dereitos que temos e que lles arrincáramos en anos de loita. De agora en diante, o empresario fará o que lle pete en materia de contratos e despidos.

Só o enfrontamento directo dos traballadores opoñéndose a esta situación poderá facer que recuperemos o perdido. A mobilización, a solidariedade cos traballadores que loitan, a organización, a acción directa, foron e seguen sendo as ferramentas propias e máis eficaces da clase obreira, as que conseguiron os dereitos que nos pretenden arrebatar.

Xullo de 2010



EMPRESARIOS E POLÍTICOS, CÓMPLICES DESTA NOVA EMBESTIDA DO CAPITAL



CONTRA AS SÚAS AGRESIÓNS, CONTUNDENCIA NAS RESPOSTAS“