19 jul 2011

22 de xullo: Folga contra o ERE en Unísono


Facemos un chamamento a toda a cidadanía para secundar a concentración  do día 22 nas portas de unísono de 12.00 a 14.00 horas, pola defensa de centos de postos de traballo que a empresa pretende deslocalizar a América Latina.

Nun sector que non fai máis que medrar, non existe xustificación para estes despedimentos, que castigan ademais a sectores de poboación tan precarizados como mocidade e mulleres. A empresa, de acordo cos seus clientes, na súa maioría de servizos telefónicos, maximiza os seus beneficios DESLOCALIZANDO o traballo en países Latinoamericanos, onde sobreexplota traballadores/as con salarios miserables.

É inadmisible que nos utilicen ao seu antollo, que lle saia tan barato, e que os gobernos de Madrid e a Xunta lle permitan estas prácticas. As últimas reformas laborais non fan máis que facilitar e abaratar o despedimento para gran beneficio duns poucos privilexiados.