20 abr 2011

MANIFESTACIÓN DO PRIMEIRO DE MAIO



Este Primeiro de Maio, a CGT da Coruña volverá saír ás rúas da cidade. A manifestación, convocada conxuntamente coa CUT, sairá, ás 12:00 horas, da Praza de Pontevedra e percorrerá o centro urbano para rematar na Praza do Humor. Para a CGT, é hora de que a clase traballadora se rebele contra a insoportable situación á que o capitalismo e os seus lacaios, a clase política, nos están levando. 






A dramática situación de 5.000.000 de parados está sendo utilizada pola patronal e os gobernos para aplicar uns recortes sociais e unhas condicións de traballo inaceptables hai ben pouco. Pero, a pesar do conto interesado da crise, a CGT non traga e non está disposta a seguir a outros sindicatos nas prácticas desmobilizadoras e pactistas.

Este Primeiro de Maio, máis que nunca, chegou a hora da rebelión.

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!